Unha ollada humanista á formación de formadores en Canterbury

Juan Lago, profesor de inglés do noso centro, asistiu a un evento de formación moi satisfactorio. Esta mobilidade permitiulle aprender de grandes nomes do ensino do inglés como lingua estranxeira, e de colegas todo tipo de centros por toda Europa.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: Pilgrims. Universidade de Kent
Lugar de celebración: Canterbury (Reino Unido)
Duración:  Dúas semanas

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Asistín a un curso dirixido a formadores/as de profesorado, titulado “How to be a teacher trainer”. Tivemos varios/as formadores/as e docentes tanto nas plenarias como nos obradoiros. A docente que impartiu a maior parte das nosas sesións de grupo foi unha profesora universitaria que ten máis de trinta anos de experiencia en formar a profesorado e organizar sesións de formación para docentes de diferentes niveis: cursos presenciais, xornadas, seminarios, congresos internacionais e tamén formación en liña e semi-presencial. Durante as dúas semanas que durou o curso aprendemos a organizar sesións de formación, a levar a cabo observacións e programacións de aula, simulacros de clases de diferentes niveis, a clase invertida, técnicas de avaliación entre iguais, sesións para dar e analizar o feedback recibido, análise das necesidades reais do alumnado e do profesorado. Practicamos tamén outras técnicas docentes e de agrupamentos, e integramos os principios básicos da neurolingüística na aula: input multisensorial (VAKOG), sesións de coaching e familiarización coas novas tendencias no ensino e aprendizaxe de linguas, sempre dende un enfoque comunicativo e humanista.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?

  • A formación en grupo e as diversas técnicas de traballo e agrupamentos de aula.
  • A análise das necesidades e atención á diversidade, tanto dende un punto de vista funcional como cognitivo: a inclusión e as diversas necesidades especiais.
  • Varios obradoiros con formadores e autores coñecidos tales como Mario Rinvolucri e Peter Dyer.
  • As sesións para monitorizar as diferentes clases e estratexias de traballo.
  • A análise dos diferentes enfoques no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.
  • Deseñar, aplicar e avaliar diferentes tipos de observación de aula.
  • Preparar, aplicar e avaliar diferentes sesións de formación.
  • Traballar coa voz, coa linguaxe corporal e coa postura.
  • Aprender e aplicar elementos da neurolingüística na docencia.
  • O enfoque humanista no ensino de linguas.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Foi unha experiencia excepcional. Puiden aprender e traballar con novos conceptos e enfoques, tanto a nivel individual como en grupo, sobre o ensino de linguas e a diversidade, tan presente nas aulas de idiomas. Tiven a ocasión de compartir experiencias de aula con profesorado doutros países que están a ensinar linguas en diferentes niveis: primaria, secundaria, educación de adultos e universidade. Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que me axudará na miña práctica diaria. Igualmente, tiven a sorte de asistir a varios obradoiros optativos con coñecidos formadores e autores de libros de referencia no ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras: Alan Maley, Mario Rinvolucri…

Que cres que podería mellorar?

Tivemos que asimilar e practicar moitas novas técnicas e estratexias, penso que o curso podería estar estruturado en tres semanas, así teríamos máis tempo para facer máis prácticas de aula, de organización de sesións de formación, de observacións e de sesións de análise do feedback recibido.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que é unha oportunidade moi boa para compartir experiencias e aprender doutros profesionais: de diversos niveis e de diferentes países. É tamén unha oportunidade moi boa para familiarizarse coa realidade docente e de ensino-aprendizaxe noutros contextos multiculturais e multilingües.

Anuncios

Estadía en Alemaña: formación en metodoloxía e observación de aulas

IMG-20180814-WA0001O profesor de alemán do noso centro, Francisco Pose, relátanos a súa experiencia de formación en metodoloxía do alemán.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: IIK (Institut für Internationale Kommunikation)
Lugar de celebración: Düsseldorf (Alemaña)
Duración: 5 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Foi un curso de formación para docentes de alemán como lingua estranxeira. A este curso asistiron 18 docentes de dez países. O enfoque principal da formación recibida centrouse na metodoloxía das seguintes actividades de lingua: escoitar, falar e escribir

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
A parte de observación de aula foi, sen dúbida, o evento formativo máis destacado, xa que puidemos ver como se aprende unha lingua estranxeira nun país onde esa lingua é a lingua de ambiente. Co fin de que cada profesor/a partipante poidese ir os niveis desexados escolléronse durante o mes de xuño os niveis a observar (no meu caso C1).

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
A observación de aula, as propostas para traballar audios ou cancións e as propostas para traballar o vocabulario (tanto na Comprensión Oral como na Exepresión Oral ou na Expresión Escrita).

Que cres que podería mellorar?
As observacións centráronse unicamente nun nivel. Nos descansos poderíase ter cambiado de nivel.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Se teñen inquetudes formativas, que fagan unha mobilidade.

A actualizar a didáctica do francés como lingua estranxeira no Hexágono

Nesta breve entrevista, Dolores Patiño, profesora do departamento de francés do noso centro, relátanos a súa satisfactoria experiencia coa mobilidade con fins formativos que realizou en Francia, onde tivo a oportunidade de actualizar as súas competencias didácticas do francés como lingua estranxeira.

Cavilam

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: CAVILAM
Lugar de celebración: H
Duración: 5 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Curso de formación en didáctica para profesores de francés lingua estranxeira estructurado en dous módulos, un de mañá e outro de tarde.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Boas prácticas de dinamización da aula no día a día; como incorporar á aula o ensino do léxico e da gramática de maneira dinámica e motivadora; o uso do documento auténtico como introducción á aprendizaxe do léxico e da gramática; gamificación: actividades lúdicas de aprendizaxe do léxico e da gramática; técnicas de axuda para a memorización do léxico.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
O contacto e o intercambio de ideas con profesores FLE de varios países e de distintos contextos educativos; a reflexión sobre as estratexias de aprendizaxe do alumnado; bibliografía sobre o tema do léxico e a gramática na aula de lingua; recursos para a búsqueda de documentos auténticos; a confirmación de que na nosa EOI estamos a facer un labor innovador e creativo.

Que cres que podería mellorar?
Debería solicitarse no momento da matrícula un perfil curricular do profesor ou profesora para poder axustar mellor a selección dos módulos de formación á experiencia do ou da docente.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Si.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que afinen o máis posible a selección do curso á sua experiencia, mesmo solicitando información complementaria á entidade que imparte a formación antes da inscrición.

Coñecendo o sistema educativo islandés na capital do país

Unha das liñas principais do noso proxecto Erasmus+ é o da mellora e calidade continúa do centro, daí que, sobre todo as persoas que desenvolven algún cargo directivo se interesen polo funcionamento doutros sistemas educativos europeos e dos seus centros de ensino. Eís o caso desta mobilidade en que o profesor de inglés e director do centro, Gonzalo Constenla, viaxou a Islandia para coñecer en profundidade o caso islandés, de grande renome pola súa innovación e resultados.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: English Matters
Lugar de celebración: Reiquiavique (Islandia)
Duración: 6 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Aínda que formalmente era un curso estruturado, realmente a mobilidade foi unha visita de estudos sobre o sistema educativo islandés, con observacións directas de centros educativos, unha serie de conferencias sobre o contexto histórico e cultural e os denominados “proxectos de campo” en diferentes localizacións histórico-culturais.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Por esta orde, o sistema educativo islandés e o seu contexto histórico-cultural, o desenvolvemento curricular nos centros de ensino, a dirección escolar e o ensino das linguas estranxeiras.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
En primeiro lugar, foi moi ilustrativo coñecer as bases sobre as que se asenta o sistema educativo islandés, moi innovadoras e adaptadas aos tempos presentes e futuros. A seguir situaría as visitas e observacións aos centros de diferentes niveis educativos, cun contacto directo coas direccións, o profesorado e o alumnado, onde puidemos comprobar que a “teoría” do currículo se desenvolvía e melloraba, cunha grande marxe de autonomía. Por último, e aínda que non era o motivo central do curso, puidemos comprobar como o ensino das linguas estranxeiras, particularmente o inglés, dista moito do que se produce no noso contexto, debido fundamentalmente ao case total dominio comunicativo do mesmo por parte do alumnado.

Que cres que podería mellorar?
A pesar da organización ter feito un bo esforzo por distribuír aos participantes en centros das súas características, botei en falta a visita a máis centros específicos de ensinanzas para adultos (unha das tres realizadas por min), se ben é certo que os outros dous foron de post-secundaria (idades de 16 a 19) e formación profesional (maioritariamente adultos).

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Si.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Solicitar unha mobilidade pode semellar unha tarea complexa. Porén, xa teño por dúas veces comprobado que é máis doado do que parece, sempre hai persoas no centro dispostas a botarche unha man, e que a experiencia supera con creces os esforzos persoais da solicitude. Unha mobilidade aporta máis que unha viaxe ao estranxeiro: enriquece a nivel de contidos didácticos, contribúe a expandir a túa rede de contactos e deste xeito aprendes sobre outros sistemas educativos e intercambias boas prácticas.

A anchear coñecementos sobre a dixitalización dos centros educativos nos Países Baixos.

Patricia Ares, profesora de inglés do noso centro, asistíu nos Paises Baixos a un evento formativo sobre a dixitalización dos centros educativos, cunha ollada metodolóxica e da xestión innovadora e con observación nos propios centros de ensino do país. Así nolo conta.

patricia_ares_paises_baixos

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: Euneos
Lugar de celebración: Países Baixos
Duración: 6 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Asistín a un curso sobre dixitalización dos centros de ensino.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Todos os contidos foron en xeral interesantes. Quero destacar o uso que fixemos de dúas ferramentas de avaliación do nivel de madurez de dixitalización dun centro de ensino. Trátase do EU Selfie Tool e o Digital Mirror, que axudan enormemente a reflexionar sobre todos os aspectos relacionados coa dixitlización dunha escola. Tamén foi moi enriquecedora a visita ao instituto Spinoza, un dos máis dixitalizados do país. Acolléronos as persoas do equipo directivo, quen contestaron as nosas preguntas, e tamén observamos aulas da nosa escolla.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Persoalmente trátase dunha formación con contidos moi distintos doutros cursos que fixera anteriormente. Supuxo un achecgamento á didáctica e á xestión dende unha óptica nova. Foi moi satisfactorio ter bos relatores, como o relator principal Matt Lanpeere, e a relatora convidada, tamén de Estonia, Birgy Lorenz. Ambos insistiron na necesidade de que a innovación dixital ten que ir da man da innovación educativa.

Que cres que podería mellorar?
O nivel de inglés das persoas participantes. Algnhas delas non tiñan nin o A1, aínda que viñan acompañadas de persoas da súa escola que si que falaban algo. Este aspecto influiu moito na socialización, e tamén a efectividade das exposicións ao grupo. Por último, Mart Laanpere tivo que ausentarse desde o cuarto día do curso. A persoa que o substituiu fixo o seu traballo con corrección e tiña coñecementos abondo, pero non era un comunicador tan experimentado e eficaz como Mart.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Si.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Solicitar unha mobilidade pode semellar unha tarea complexa. Porén, xa teño por dúas veces comprobado que é máis doado do que parece, sempre hai persoas no centro dispostas a botarche unha man, e que a experiencia supera con creces os esforzos persoais da solicitude. Unha mobilidade aporta máis que una viaxe ao estranxeiro: enriquece a nivel de contidos didácticos,contribúe a expandir a túa rede de contactos e deste xeito aprendes sobre outros sistemas educativos e intercambias boas prácticas.

Un evento formativo moi satisfactorio sobre soft skills en Boloña

Neste curso da cidade italiana de Boloña, a xefa de estudos e profesora de inglés da nosa escola, Teresa Moralejo, coñeceu de primeira man os aspectos fundamentais das chamadas soft skills, como o traballo en equipo, a xestión de conflitos ou falar en público. A seguir coméntanos as súas impresións.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: Ifom
Lugar de celebración: Boloña (Italia)
Duración: 7 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Curso de formación sobre soft skills en educación

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Tratáronse temas como traballo en equipo, xestión de conflictos ou como falar en público

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
O que aprendin sobre soft skills, o contacto con outros profesionais de diferentes paises de Europa e tamén a oportunidade de coñecer outro pais,

Que cres que podería mellorar?
Foi unha experiencia moi positiva

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Avanti tutti!

Unha pésima experiencia nun curso de liderado escolar na práctica en Helsinki

Por veces, as menos, felizmente, os cursos que se oferecen no catálogo da School Gateway proporcionan desagradábeis sorpresas. Tal é o caso deste evento formativo, ao que o secretario e profesor de inglés do noso centro, Xerardo Fernández, acudiu cheo de expectativas e ávido por aprender e se encontrou con todo o contrario. Esta postaxe que dar testemuño e denunciar esta pésima experiencia, ao tempo que alertar a posíbeis persoas que estivesen a pensar en realizala.

xerardo_helsinki

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: Enjoy Italy by Alessandro Gariano
Lugar de celebración: Helsinki (Finlandia)
Duración: 5 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Curso sobre liderado escolar na práctica, 20 h

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Non podo respostar neste apartado porque o curso caeu moi por debaixo das expectativas.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
Ningún

Que cres que podería mellorar?
Todo

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
En absoluto

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Nada satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que eviten este provedor de cursos