O noso proxecto

Plan de desenvolvemento europeo do centro

1. Obxectivos do proxecto

Bandera Europaa) Mellorar a EOI de Santiago de Compostela en catro ámbitos que son fundamentais para o bo funcionamento, crecemento e mellora da calidade da nosa institución:

•    a docencia
•    a calidade da avaliación e certificación de idiomas
•    a xestión e mellora da calidade do centro
•    a internacionalización e dimensión europea do centro

b) Dende o punto de vista do profesorado do centro, acadar:

•    una mellora das capacidades e competencias do profesorado
•    un coñecemento máis exhaustivo da práctica docente noutros países de Europa
•    unha mellora do sistema de certificación na EOI
•    a ampliación de redes profesionais e laborais
•    a busca de elementos que axuden a promover o cambio nos métodos e prácticas docentes e da xestións na EOI

c) Dende o punto de vista da EOI como institución educativa:

•    aportar coñecementos por parte dos observadores visitantes e asistentes a eventos de formación a outros profesores da EOI
•    introducir novas ideas e prácticas profesionais, de xestión, certificación e avaliación obtidas como resultado da cooperación con outras institucións educativas europeas
•    difundir criterios de avaliación de boas prácticas promovidos noutras institucións
•    fomentar a cultura de colaboración con outras entidades europeas de educación de adultos

d) Dende o punto de vista do alumnado:

•    mellorar a competencia comunicativa do alumnado como resultado da competencia profesional do profesorado do centro
•    incorporar novos puntos de vista e coñecementos obtidos da colaboración con profesionais doutros países
•    analizar e reflexionar sobre as prácticas propias en comparación coas doutros profesionais
•    intercambiar boas prácticas de homologación, estandarización e certificación de competencias lingüísticas no ámbito europeo

2. Temas que se tratan no proxecto

•    Ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras
•    Recoñecemento, transparencia, certificación
•    TIC – Novas tecnoloxías – Competencia dixital
•    Xestión e mellora da calidade do centro

3. Ámbitos prioritarios

A formación continua a través do plan de mobilidade contribúe ao cumprimento das recomendacións do Consello de Europa sobre o fomento da aprendizaxe de adultos, incide nos ámbitos prioritarios do Plan europeo de aprendizaxe de adultos e está en liña coa Estratexia Europa 2020 e Erasmus+. Hai sete ámbitos nos que o plan de mobilidade incide especialmente:

•    fomento da aprendizaxe de adultos
•    aprendizaxe de linguas estranxeiras
•    competencias en linguas rexionais e nacionais
•    excelencia educativa
•    TIC no ensino e a aprendizaxe
•    adaptación ao mercado laboral
•    certificación das competencias lingüísticas

Anuncio publicitario