Archivo de la categoría: Sin categoría

Como está a afectar a pandemia ao noso proxecto?

Quen nos ía dicir hai un ano que íamos vivir todo o que temos vivido? Desgraciadamente as restricións á mobilidade provocadas pola COVID-19 supuxeron un parón no que respecta ao noso proxecto Erasmus Plus. O aspecto positivo é que o SEPIE nos concediu unha prórroga de 12 meses para poder completar o proxecto e acadar así os obxectivos marcados. A día de hoxe hai tres mobilidades pendentes de realizar:

  • 1 curso estruturado sobre inclusión en Chipre
  • 1 curso estruturado sobre alumnado con necesidades especiais no Reino Unido
  • 1 curso estruturado sobre innovación metodolóxica en Francia

Esperamos que a implantación do pasaporte europeo de vacinación e a mellora da situación sanitaria en España e Europa nos permita realizar estas actividades de formación antes do remate do mes de agosto. Estamos a buscar alternativas para substituir aquelas actividades que foron suspendidas ou que xa non se ofertan en datas compatibles.

Polo momento, durante estes meses seguimos a poñer en práctica nas nosas aulas (dentro das limitacións que nos impón a distancia social) todos os coñecementos adquiridos nas actividades xa realizadas. Grazas ás plataformas de videoconferencia, estamos a formarnos e compartir boas prácticas máis ca nunca.

Así, miramos cara o futuro con optimismo, desexando recuperar a vella normalidade para seguir tecendo lazos profesionais e culturais con institucións educativas europeas, enriquecendo o noso xeito de achegarnos ás linguas estranxeiras.

Anuncio publicitario

Proxecto 2018-2020: Cinco puntos claves para o desenrolo profesional

Screenshot 2019-11-21 at 12.09.47

O noso proxecto vai dando froito: os profesores da nosa escola destacan o beneficio profesional das experiencias  vividas.  

  1. Enriquecemento da labor profesional: compartir boas prácticas con centros e docentes doutros países. 
  2. Oportunidades de formación en ámbitos diferentes e complementarios. 
  3. Inmersión en contextos docentes innovadores. 
  4. Ampliación da rede de colaboración con centros afíns.
  5. Intercambio de enfoques metodolóxicos.

 

Traballando na medición do impacto do noso proxecto

A semana pasada reunímonos no Equipo de dinamización de programas europeos do centro cun dobre propósito:

1º) establecer as medidas e instrumentos de avaliación de resultados e medición do impacto do noso proxecto en curso.

2º) sentar as bases para a solicitude dun novo proxecto de mobilidade de profesorado de adultos KA104.

Reuin-Impacto2

No primeiro caso, fixemos un traballo moi interesante de reflexión acerca dos obxectivos que propoñíamos no comezo do proxecto e os logros que ata o momento temos acadado. Para iso traballamos primeiro en grupiños pequenos e despois fixemos unha posta en común. Resultounos moi útil a ferramenta Impact+ que propón a axencia nacional do Reino Unido. O seu uso é totalmente recomendable; ademáis hai unha versión dos materiais dispoñible en español.

impactplus

Doutra banda, comezamos tamén a tomar decisións para redactar a solicitude dun novo proxecto de mobilidade para a formación do profesorado de persoas adultas (KA104) na convocatoria 2020, publicada recentemente polo SEPIE. Estamos moi ilusionados coas ideas que xurdiron nesta xuntanza e moi pronto poñerémonos mans á obra!

Formación en novas tecnoloxías en Praga

Patricia Castro voltou da súa mobilidade en Praga con varias ideas de como aplicar as TIC ás aulas de idiomas.

Tipo de mobilidade: Evento formativo.
Institución de acollida: ICT International TEFL Certificate Erasmus+
Lugar de celebración: Praga, República Checa
Duración: 5 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Foi un curso de 5 días no que aprendimos a utilizar as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino de idiomas.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?

Aplicaciones en Internet como edpuzzle para facer exercicios de listening nas nosas clases, e tamén aprendimos a facer páxinas web de utilidade para os nosos alumnos.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia? 

O curso mesmo de novas tecnoloxías, tamén coñecemos a moita xente de outros países e compartimos experiencias.

Que cres que podería mellorar?

Todo estivo moi ben. O único mellorable foi unha sesión de coding, e non lle vín moita aplicación ás nosas clases de linguas.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?

Por suposto.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?

Moi satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?

E unha oportunidade única de coñecer outras maneiras de facer ensinanzas de linguas, de aprender doutros compañeiros doutros países europeos, de publicitar a nosa Escola de Santiago, de traer coñecementos novos á nosa escola.

bridges-3337124_1920

A actualizar competencias didácticas no ensino do inglés en Glasgow

iatefl glasbgowA profesora do departamento de inglés da nosa escola, Ana Losada, participou nun dos maiores e máis prestixiados foros de profesorado e investigadores do ensino e a aprendizaxe do inglés: o LI Congreso da IATEFL, que se celebrou na escocesa cidade de Glasgow. A seguir contanos a súa experiencia.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: IATEFL (Asociación internacional de profesores de inglés como lingua estranxeira)
Lugar de celebración: Glasgow (Reino Unido)
Duración: 4 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Participei no LI Congreso Internacional de IATEFL, a asociación internacional de profesores de inglés como lingua estranxeira, un encontro de 4 días de duración e con máis de 500 actividades a elixir onde profesores e investigadores intercambiamos información, experiencias e opinións acerca do ensino deo inglés. Participei activamente en conferencias plenarias, ponencias e obradoiros a través da toma de notas e fotografías para a súa posterior documentación, formulando preguntas e colaborando con outros participantes na realización de tarefas propostas nos obradoiros.

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
Entre os contidos tratados ao longo do congreso, destacaría pola súa relevancia os seguintes: – O ensino de inglés para fins académicos e específicos – A avaliación e certificación de competencias – O fomento da autonomía na aprendizaxe – O teatro na aula de idiomas – A imaxe como recurso -Técnicas para mellorar a comprensión oral e escrita e a pronuncia – A importancia da motivación no ensino e na aprendizaxe Todos os contidos tratados resultáronme útiles. Os contidos das conferencias plenarias axudáronme a reflexionar acerca da miña realidade docente mentres que a miña participación nos obradoiros e ponencias foi tremendamente inspiradora.

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
A miña participación neste evento foi una experiencia 100% positiva. Ademais de permitirme afondar nos achádegos máis recentes no eido do ensino e aprendizaxe de inglés como lingua estranxeira, foi una oportunidade única para coñecer a docentes e investigadores de diferentes punto do planeta e de intercambiar con eles información e opinións acerca da nosa profesión.

Que cres que podería mellorar?
O congreso foi exemplar no relativo á acollida, señalizacións, acceso e instalacións, temporalización e puntualidade, trato e actividades culturais. A selección de temas e o deseño do programa tamén foi impecable e incluso habilitaron unha aplicación informática para planificar o noso aproveitamento do evento. Por iso, máis que destacar aspectos a mellorar, gustaríame sinalar que a asistencia ao congreso foi una aprendizaxe en sí mesma no que se refire a organización de eventos.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animaríaos encarecidamente a participar neste tipo de modalidades xa que constitúen unha experiencia moi enriquecedora a nivel profesional e persoal. É unha oportunidade única de coñecer novos sistemas e novas formas de traballar, de dar a coñecer á escola de idiomas ao mundo e de reflexionar e buscar respostas conxuntas aos novos retos no ensino e aprendizaxe de linguas.