Archivo de la categoría: Impacto

Proxecto 2018-2020: Cinco puntos claves para o desenrolo profesional

Screenshot 2019-11-21 at 12.09.47

O noso proxecto vai dando froito: os profesores da nosa escola destacan o beneficio profesional das experiencias  vividas.  

  1. Enriquecemento da labor profesional: compartir boas prácticas con centros e docentes doutros países. 
  2. Oportunidades de formación en ámbitos diferentes e complementarios. 
  3. Inmersión en contextos docentes innovadores. 
  4. Ampliación da rede de colaboración con centros afíns.
  5. Intercambio de enfoques metodolóxicos.

 

Anuncio publicitario

Traballando na medición do impacto do noso proxecto

A semana pasada reunímonos no Equipo de dinamización de programas europeos do centro cun dobre propósito:

1º) establecer as medidas e instrumentos de avaliación de resultados e medición do impacto do noso proxecto en curso.

2º) sentar as bases para a solicitude dun novo proxecto de mobilidade de profesorado de adultos KA104.

Reuin-Impacto2

No primeiro caso, fixemos un traballo moi interesante de reflexión acerca dos obxectivos que propoñíamos no comezo do proxecto e os logros que ata o momento temos acadado. Para iso traballamos primeiro en grupiños pequenos e despois fixemos unha posta en común. Resultounos moi útil a ferramenta Impact+ que propón a axencia nacional do Reino Unido. O seu uso é totalmente recomendable; ademáis hai unha versión dos materiais dispoñible en español.

impactplus

Doutra banda, comezamos tamén a tomar decisións para redactar a solicitude dun novo proxecto de mobilidade para a formación do profesorado de persoas adultas (KA104) na convocatoria 2020, publicada recentemente polo SEPIE. Estamos moi ilusionados coas ideas que xurdiron nesta xuntanza e moi pronto poñerémonos mans á obra!

O impacto do noso proxecto Erasmus+ resumido nun vídeo

Os proxectos Erasmus+ 2014-2016 e 2016-2018 levan tido un impacto moi positivo no noso profesorado, alumnado, centro e mesmo alén da propia institución, como agardamos que teña o próximo proxecto que desenvolveremos entre 2018 e 2020. Velaquí unha pequena mostra na voz das súas e seus protagonistas principais.