Archivo de la categoría: Convocatorias

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, seleccionada por 3ª vez consecutiva para un proxecto Erasmus+ para desenvolver entre 2018-2020

 

O Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente recibe a segunda máxima asignación económica de todos os proxectos seleccionados en todo o Estado na Acción KA-104

Con este proxecto, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela logra financiamento nesta modalidade na totalidade dos seis anos de vixencia do Programa Erasmus+ da Unión Europea

 As EOI de Santiago de Compostela e de Vigo son as únicas institucións galegas que acadan o financiamento dentro da modalidade en que participaban, a de mobilidade do persoal de educación de adultos. P1020386

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018.- A Axencia Nacional Erasmus+ vén de facer públicas as listaxes de solicitudes aprobadas, rexeitadas e en listaxe de agarda dos Proxectos de Mobilidade da Acción Chave KA104 (sector Educación de Persoas Adultas) correspondentes á Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+ da Unión Europea.

A esta convocatoria, a EOI de Santiago (como outras organizacións e institucións, públicas e privadas, relacionadas co sector da educación de persoas adultas: CEPAs, IES, equipos de orientación, asociacións e organizacións, centros de formación do profesorado, universidades, etc, de todo o Estado) presentou un PDE (Plano de de Desenvolvemento Europeo) en consoancia cos obxectivos do Marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación en catro ámbitos que consideramos prioritarios: a mediación lingüística e cultural, a avaliación, a inclusión, a calidade e a xestión e a innovación en metodoloxía. O proxecto, que leva por título “Facendo realidade a escola do futuro: innovación, inclusión e calidade” consegue agora un financiamento de 29.748 €, o de segunda máxima dotación de entre os de todo o Estado na súa modalidade.

O proxecto aprobado prevé un total de 15 mobilidades do persoal docente con fins de formación entre setembro de 2018 e agosto de 2020  para a participación do profesorado en cursos estruturados e eventos de formación en Chipre, Eslovenia, Francia, Grecia, Italia, Noruega, Reino Unido e Suecia.

En liña cos obxectivos estratéxicos de Europa 2020 a respecto da educación de persoas adultas, o plano de mobilidade abranguerá 7 puntos chave: promover a aprendizaxe permanente de persoas adultas, aprendizaxe de linguas estranxeiras, fomento da competencia lingüística nos idiomas oficiais e cooficiais dos Estados membro, excelencia na educación, uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino-aprendizaxe, adaptación ao mercado laboral e, por último, certificación das competencias lingüísticas.

Ademais, o desenvolvemento do proxecto contribuirá decisivamente á correcta implantación dos novos plans de estudos que entrarán en vigor no próximo ano lectivo 2018/2019, moi especialmente no desenvolvemento e aplicación de puntos chaves dos novos currículos como a mediación lingüística e cultural, as necesidades educativas especiais e a avaliación e certificación.

Os obxectivos de aprendizaxe marcados para cada campo prevén un efecto e impacto inmediatos na competencia dos aprendices de lingua do noso centro, no proceso de ensinanza así como na estandarización dos procedementos de avaliación e certificación. Ademais, permitirá introducir novos estándares e procesos de validación como o Europass, ofrecerá ao profesorado a oportunidade de desenvolver as súas habilidades e destrezas de xestión e, a longo prazo, reforzará o fomento do plurilingüismo entre a cidadanía, así como o respecto pola diversidade cultural e lingüística de Europa.

Este proxecto dará continuidade ao actual, tamén financiado pola UE, que deu comezo en 2016 e rematará neste ano 2018.

 

 

Anuncio publicitario

Novo proxecto: Cooperación e dinamización para mellorar o ensino de linguas a adultos en Europa

Red Ring Binder with Inscription Knowledge.Comezamos a difusión das actividades formativas deste novo proxecto de mobilidade para a formación de profesorado de adultos dentro do programa Erasmus+. Nas vindeiras semanas iremos dando conta das diferentes mobilidades que están a realizar algúns dos/as nosos/as profesores/as.

O proxecto pretende mellorar a calidade do ensino de linguas estranxeiras que ofrecemos dende catro pilares básicos:

  • a innovación metodolóxica
  • a avaliación e certificación
  • o emprego didáctido das TIC
  • a calidade e xestión do centro

Esperamos que vos resulte inspirador!

Convocatoria de axudas para a mobilidade do profesorado 2016/2017 (1ª quenda)

Global EducationXa está aberto o prazo da convocatoria interna de mobilidades para formación do profesorado dentro do programa Erasmus+, ata o vindeiro 21 de setembro, para actividades que se realicen de outubro de 2016 a marzo de 2017.

Do mesmo xeito que noutras ocasións, existen dúas modalidades de actividades:
1) cursos de formación
2) estadías de observación

Salientamos as estadías de observación. É unha maneira excelente de coñecer in situ outras metodoloxías e maneiras de traballar que empregan en diferentes países. Son unha magnífica oportunidade para afondar sobre as peculiaridades dos niveis C.

As resolucións provisional e definitiva faranse públicas na sala de persoal do centro, e avisarásevos por correo electrónico.

Resolución provisional 2015-2016 (2ª quenda)

Xa se pode consultar na sala de persoal a resolución provisional de axudas Erasmus+ para a 2ª quenda do curso 2015-2016. Tal e como indica a convocatoria, os candidatos teñen un prazo de sete días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución para presentar alegacións ou renuncias. Pasado este prazo publicarase a resolución definitiva.

No caso de presentarse algunha renuncia, optarían á praza noticeboarddeserta os candidatos en lista de espera.

Convocatoria de axudas para a mobilidade do profesorado 2015 (2ª quenda)

Global EducationXa está aberto o prazo da convocatoria interna de mobilidades para formación do profesorado dentro do programa Erasmus+, ata o vindeiro 29 de febreiro, para actividades que se realicen entre abril e agosto de 2016.

Do mesmo xeito que noutras ocasións, existen dúas modalidades de actividades:
1) cursos de formación
2) estadías de observación

Recomendamos especialmente as estadías de observación. É unha maneira excelente de coñecer in situ outras metodoloxías e maneiras de traballar que empregan en diferentes países. Para os que esteades interesados en afondar sobre as peculiaridades dos niveis C é unha magnífica oportunidade.

Recordade que unha das liñas de actuación do noso proxecto é a aprendizaxe de linguas diferentes á que impartimos, polo que tamén podedes solicitar cursos de linguas. Esta pode ser unha experiencia moi enriquecedora que permite non só aprender ou perfeccionar outro idioma, senón tamén converternos en observadores da metodoloxía e a dinámica de clase doutros colegas europeos.

Para axudarvos na procura dun curso ou institución podedes empregar a base de datos da páxina web School Education Gateway , a Dissemination Platform, onde podedes atopar un buscador de institucións e os seus proxectos Erasmus+ e tamén a plataforma e-Twinning.

As resolucións provisional e definitiva faranse públicas na sala de persoal do centro, e avisarásevos por correo electrónico.

Animádevos  a solicitar unha mobilidade!!!

Publicada a resolución definitiva de axudas para a mobilidade do profesorado dentro do programa Erasmus+ (1ª quenda)

ListaXa se pode consultar no taboleiro da sala de persoal a resolución definitiva de axudas para a mobilidade do profesorado dentro do programa Erasmus+. Parabéns a todos os seleccionados!

Dende aquí animamos ao resto do profesorado a buscar actividades formativas ou institucións para visitar de cara á seguinte convocatoria, que abrirá o prazo de solicitude no mes de febreiro.

Ánimo!!

Publicada a resolución provisional de axudas para a mobilidade de profesorado do programa Erasmus+

noticeboardXa se pode consultar na sala de persoal a resolución provisional de axudas Erasmus+. Tal e como indica a convocatoria, os candidatos teñen un prazo de sete días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución para presentar alegacións ou renuncias. Pasado este prazo publicarase a resolución definitiva.

No caso de presentarse algunha renuncia, optarían á praza deserta os candidatos en lista de espera.