Estadía en Alemaña: formación en metodoloxía e observación de aulas

IMG-20180814-WA0001O profesor de alemán do noso centro, Francisco Pose, relátanos a súa experiencia de formación en metodoloxía do alemán.

Tipo de mobilidade: Evento formativo
Institución de acollida: IIK (Institut für Internationale Kommunikation)
Lugar de celebración: Düsseldorf (Alemaña)
Duración: 5 días

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Foi un curso de formación para docentes de alemán como lingua estranxeira. A este curso asistiron 18 docentes de dez países. O enfoque principal da formación recibida centrouse na metodoloxía das seguintes actividades de lingua: escoitar, falar e escribir

Cales foron os contidos máis relevantes e que che resultaron máis útiles?
A parte de observación de aula foi, sen dúbida, o evento formativo máis destacado, xa que puidemos ver como se aprende unha lingua estranxeira nun país onde esa lingua é a lingua de ambiente. Co fin de que cada profesor/a partipante poidese ir os niveis desexados escolléronse durante o mes de xuño os niveis a observar (no meu caso C1).

Cales son os aspectos máis positivos da experiencia?
A observación de aula, as propostas para traballar audios ou cancións e as propostas para traballar o vocabulario (tanto na Comprensión Oral como na Exepresión Oral ou na Expresión Escrita).

Que cres que podería mellorar?
As observacións centráronse unicamente nun nivel. Nos descansos poderíase ter cambiado de nivel.

Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Satisfactorio.

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Se teñen inquetudes formativas, que fagan unha mobilidade.

Anuncio publicitario