Xa está aberto o prazo da convocatoria interna de mobilidades para formación do profesorado dentro do programa Erasmus+, ata o vindeiro 21 de setembro, para actividades que se realicen de outubro de 2016 a marzo de 2017.
Do mesmo xeito que noutras ocasións, existen dúas modalidades de actividades:
1) cursos de formación
2) estadías de observación
Salientamos as estadías de observación. É unha maneira excelente de coñecer in situ outras metodoloxías e maneiras de traballar que empregan en diferentes países. Son unha magnífica oportunidade para afondar sobre as peculiaridades dos niveis C.
As resolucións provisional e definitiva faranse públicas na sala de persoal do centro, e avisarásevos por correo electrónico.