Convocatoria de axudas para a mobilidade do profesorado 2015 (2ª quenda)

Global EducationXa está aberto o prazo da convocatoria interna de mobilidades para formación do profesorado dentro do programa Erasmus+, ata o vindeiro 29 de febreiro, para actividades que se realicen entre abril e agosto de 2016.

Do mesmo xeito que noutras ocasións, existen dúas modalidades de actividades:
1) cursos de formación
2) estadías de observación

Recomendamos especialmente as estadías de observación. É unha maneira excelente de coñecer in situ outras metodoloxías e maneiras de traballar que empregan en diferentes países. Para os que esteades interesados en afondar sobre as peculiaridades dos niveis C é unha magnífica oportunidade.

Recordade que unha das liñas de actuación do noso proxecto é a aprendizaxe de linguas diferentes á que impartimos, polo que tamén podedes solicitar cursos de linguas. Esta pode ser unha experiencia moi enriquecedora que permite non só aprender ou perfeccionar outro idioma, senón tamén converternos en observadores da metodoloxía e a dinámica de clase doutros colegas europeos.

Para axudarvos na procura dun curso ou institución podedes empregar a base de datos da páxina web School Education Gateway , a Dissemination Platform, onde podedes atopar un buscador de institucións e os seus proxectos Erasmus+ e tamén a plataforma e-Twinning.

As resolucións provisional e definitiva faranse públicas na sala de persoal do centro, e avisarásevos por correo electrónico.

Animádevos  a solicitar unha mobilidade!!!

Anuncio publicitario